miércoles, 1 de diciembre de 2010

Búsqueda de emprego


A seguinte actividade consiste en atopar a solución ás seguintes preguntas:
1. Cal é a porcentaxe das ofertas de traballo que demandan inglés? E outras linguas?
2. Explica as claves para buscar emprego.
3. Cal é a media que tarda unha persoa en atopar emprego tras rematar os seus estudos?
4. Cales son as carreiras con máis saída profesional?
5. Cales son os empregos más demandados en España?
6. Cal é o perfil de empregado/a que demandan as empresas?

Podes utilizar estas páxinas ou outras, pero cando teñas rematado o cuestionario, sube as respostas ó teu blog.

http://blogoempresa.com/

http://blog.infoempleo.com/index.php/2010/11/23/una-ayuda-para-la-busqueda-de-empleo/

http://www.aireservicios.com/wp/2010/04/idioma-exito-profesional/

miércoles, 27 de octubre de 2010

Actividade creación de negocio

Hai algúns negocios que os expertos entenden poden ser unha boa oportunidade de negocio, debido a que hai moita demanda dese ben ou servizo que ofrecen e non hai moitos negocios que actualmente a satisfagan.

É un informe feito hai varios meses e polo tanto pode haber algún tipo de negocio que xa non sea unha boa oportunidade como é o caso das actividades de construcción. Pero a maior parte deles segue sendo unha boa alternativa.

Entra no seguinte enlace: http://guias.bicgalicia.es/v2/nuevo/asp/individual/home.asp
e despois nas 180 oportunidades de negocio.

Entra nun dos sectores que alí figuran e despois escolle a actividade que che pareza máis atractiva.

Fai un post coas características máis destacables dese negocio, e as vantaxes e desvantaxes que veñan no texto ou que se che ocorran. Tamén o investimento necesario, instalacións e persoal necesario, etc. De paso indica o lugar onde montarías ese negocio: localidade e rúa, xustificando o porqué. Titula ese post como ACTIVIDADE 5.

viernes, 22 de octubre de 2010

Actividade consellos emprendedores

http://www.emprendedores.es/index.php/crear_una_empresa/informacion/50_consejos_para_emprendedores/consejos_para_tu_idea_de_negocio Entra neste enlace chamado “50 consellos para emprendedores”. Observa os 11 primeiros consellos e anota os 3 que che parezan máis interesantes á hora de montar o teu negocio. Logo, elbora unha entrada no teu blog explicando por que os escolleches.