jueves, 12 de mayo de 2011

Bolsa de valores



Ademais de xogar na Bolsa virtual, durante a semana que ven ides levar o seguimento da cotización dunha empresa no mercado de valores. Pode ser unha das que compredes accións ou outra calquera do IBEX 35.



Para elo tedes que cubrir esta ficha e colgala como un enlace no voso blog.



viernes, 25 de febrero de 2011

Plan de marketing


Tedes que responder ás seguintes cuestións para elaborar o voso plan de marketing

1. Produto: características, utilidades e vantaxes. Servizos postventa e garantía.

2. Prezo: precios dalgunha gama de produtos que vas traballar. Indica as estratexias de prezos que vas seguir. Tes que indicar se o prezo vai ser maior ou menor que o da competencia e por que.

3. Identifica as canles de distribución: se o produto se distribuirá pola empresa directamente ou por distribuidores.

4. Instrumentos de comunicación: venta persoal, publicidade, promoción de ventas, relacións públicas, patrocinio. Un exemplo de cada.
Podedes utilizar datos desta web: http://marketing.es/

miércoles, 12 de enero de 2011

Actividade sobre estratexias de competencia entre empresas




Trátase de analizar os efectos que tivo a entrada de competencia no transporte marítimo de ría na liña Cangas-Vigo. A ruptura do monopolio que tiña ata daquela Mar de Ons provocou a aparición de varias compañías e alguns cambios para adaptarse á nova realidade. Neste traballo tendes que seguir os seguintes pasos:





1-Atopar a noticia onde sae a sentencia da Unión Europea que obriga a liberalizar o transporte da Ría de Vigo.


2-Indicar a data na que comezan a operar as novas compañías e resumir brevemente os seus antecedentes.


3-Explicar os cambios que se producen nos horarios e nas tarifas: frecuencias, billetes de ida e volta.


4-Analizar se houbo algún acordo entre empresas e con que fin.


5-Estudar o balance de que cada unha das compañías fai dos seus resultados económicos anuais.


6-Explicar os cambios que se producen na política comercial para gañar máis clientes: atención ó público, servicios adicionais.


7-Elaborar unha conclusión final. Que consecuencias pensades que tivo a liberalización sobre os consumidores.


A información extraeráse de Internet, a través de xornais como Faro de Vigo, la Voz de Galicia, Atlántico Diario, e tamén das páxinas das propias compañías que operan na Ría.